Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.

La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.

Muchas Gracias.

INFORMACION

REGULAMENTO
PERCORRIDO
DORSAIS
HORARIO
DONDE APARCAR

DESCARGAR REGULAMENTO EN PDF

A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a VI Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2018 a partir das 18:00 horas da tarde.

Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no VII Circuito de Carreiras Saudables de Santiago rematado o pasado 1 de decembro.

As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

2. A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.

3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2009. A organización non se fará responsable dos atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2009, categoría federada sub 12 (antigamente alevín)), polo que non poderán participar oficialmente na proba.

4. CATEGORIAS E HORARIOS

Na edición 2018, haberá un caixón de SAIDA na parte dianteira da proba asignado polas marcas que a continuación se mencionan. O horario das probas será o seguinte:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
SAN SILVESTRE CAIXÓN COMPETITIVO
(marca mínima na/s distancia/s requerida/s)
2003 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR CATEGORÍA ESCOLARES do 2004 ó 2009 5,5 km aprox. 18:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR ADULTOS 2003 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:15 HORAS

A SAÍDA DA PROBA REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO ÁS 18:00 HORAS

5. INSCRICIÓNS

ONLINE

Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).

Máis información en www.atletismo.gal.

PRESENCIAL

A inscrición presencial poderase realizar no seguinte punto:

- Multiusos Fontes do Sar (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas)

- Complexo Deportivo de Santa Isabel (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas)

Deberán rellenar o formulario de inscrición no lugar e presentar a copia do xustificante de ingreso da cota de inscrición na conta da Federación Galega de Atletismo de A Banca nº ES82 2080 0068 7830 4001 9194 indicando no concepto o nome e apelidos do atleta participante (o pago da cota de 6 € farase só en caso de atletas nados en 2003 e anteriores).

TODOS OS ATLETAS ADULTOS INSCRITOS NO CIRCUITO CORRESAN 2018 ESTARÁN INSCRITOS GRATUITAMENTE. OS ESCOLARES DEBERÁN FORMALIZAR A SÚA INSCRICIÓN.

DEBERÁN RECOLLER O DORSAL DA PROBA NOS HORARIOS INDICADOS NESTE REGULAMENTO. NON SE PODERÁ COMPETIR CO DORSAL DO CIRCUITO CORRESAN.

OS ATLETAS INSCRITOS NO CIRCUITO, NO CASO DE DESEXAR SAIR NO CAIXÓN COMPETITIVO DA SAN SILVESTRE, DEBERÁN ACREDITAR A SÚA MARCA REMITINDO UN EMAIL A info@sansilvestresantiago.com .

SAN SILVESTRE CAIXON COMPETITIVO

Neste caixón só poderán entrar aqueles atletas homes e mulleres cuxas marcas sexan as seguintes:

  • Masculina: 42’ en 10 k (só probas homologadas) e sub 21’ en probas de 5 k (só probas homologadas). Terán que indicar a marca, lugar e data onde se fixo.
  • Femenina: 47’ en 10 k (só probas homologadas) e sub 23.30’ en probas de 5 k (só probas homologadas). Terán que indicar a marca, lugar e data onde se fixo.

Esta medida farase só coa fin de realizar de xeito máis fluido a saída da proba.

PREZOS E PRAZOS DA INSCRICION
  • CATEGORÍA ESCOLARES (do 2004 ao 2009 incluídos): GRATUITA
  • CATEGORÍA ADULTOS (2003 e anteriores): 6 €

O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.sansilvestresantiago.com e www.carreirasgalegas.com e presencialmente seguindo as instruccións desta modalidade de inscrición.

Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il info@sansilvestresantiago.com.

Teléfonos de información xeral da proba:

981 291 683 / 981 528 730

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

Em@il de información info@sansilvestresantiago.com.

6. PREMIOS E AGASALLOS

SAN SILVESTRE

Premios económicos de 200 €, 150 €, 100 € e 50 € ás 4 primeiras mulleres e 4 primeiros homes da PROBA.

Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5,5 km aprox.).

Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5,5 km aprox.).

Premio participación aos 3 clubes de atletismo federado masculino con máis participantes ADULTOS nas probas.

Premio participación ao 3 clubes de atletismo federado femenino con máis participantes ADULTOS nas probas.

Premio participación ao 3 GRUPOS POPULARES con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).

Premio participación a EMPRESA con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).

Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).

Premio aos 3 mellores disfraces de grupo (mínimo 3 integrantes)

Premio aos 3 mellores disfraces individuais.

7. RECOLLIDA DE DORSAIS

A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:

LUGAR Deportes El Corte Inglés Santiago, planta baixa
Horarios e días: - 30 de decembro de 10:00 a 21:30 horas
- 31 de decembro de 10:00 a 17:00 horas
NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA PRAZA DO OBRADOIRO

Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de xeito visible na zona anterior do corpo.

8. CIRCUITO

O circuito está publicado na web www.sansilvestresantiago.com. A Saída e Meta será desde a Praza do Obradoiro.

A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.

Prégase precaución na proba polo alto volumen de participantes na mesma. A seguridade é o primeiro

9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.

10. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS

A PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 178/2018 RFEA: “Reglamento de Competiciones de Campo a Través, Pista, Ruta, Marcha y Trail Running. Calendario RFEA 2018-2019”:

RESPONSABILIDADE

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:

LUGAR Deportes El Corte Inglés Santiago, planta baixa
Horarios e días: - 30 de decembro de 10:00 a 21:30 horas
- 31 de decembro de 10:00 a 17:00 horas

NON SE ENTREGARÁN DORSAIS O DÍA DA PROBA NA PRAZA DO OBRADOIRO
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de xeito visible na zona anterior do corpo.

CATEGORIAS E HORARIOS

Na edición 2018, haberá un caixón de SAIDA na parte dianteira da proba asignado polas marcas que a continuación se mencionan. O horario das probas será o seguinte:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
SAN SILVESTRE CAIXÓN COMPETITIVO
(marca mínima na/s distancia/s requerida/s)
2003 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR CATEGORÍA ESCOLARES do 2004 ó 2009 5,5 km aprox. 18:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR ADULTOS 2003 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:15 HORAS

A SAÍDA DA PROBA REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO ÁS 18:00 HORAS

CONTACTO

Tes algunha dúbida que queres resolver?

Ponte en contacto connosco a través do em@il ou dos teléfonos de contacto e poñerémonos en contacto contigo o máis axiña posible.

SÍGUENOS EN